DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2010 Páx. 15.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 7 de setembro de 2010 pola que se nomean os membros do xurado dos Premios Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística, correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2009.

A orde da Consellería de Economía e Industria do 24 de agosto de 2009 (DOG nº 171, do 1 de setembro) convoca os Premios Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística, correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2009.

Na base sétima do artigo 1º da devandita orde establécese a composición do xurado. Na súa virtude, e de acordo coa proposta das institucións correspondentes, cómpre proceder ao nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Nomear membros do xurado dos premios Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2009, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidencia: Darío Villanueva Prieto.

Vogais:

Antonio Eiras Roel.

José Eduardo López Pereira.

José Manuel González Herrán.

Manuel Recuero Astray.

Xosé Henrique Costas González.

Ramón Villares Paz.

Secretario: Jaime Morales Piñeiro, que actuará con voz pero sen voto.

Artigo 2º

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria