DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2010 Páx. 15.918

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2010 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2010.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), para a definición e posta en práctica das actuacións de apoio público recollidas no Plan de Enerxías Renovables (PER) 2005-2010 no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Obxecto: a través deste convenio o Inega vai canalizar e xestionar os fondos que o IDAE achega con cargo aos orzamentos xerais do Estado, para financiar actuacións de apoio público recollidas no Plan de Enerxías Renovables (PER) 2005-2010.

Sinatura: 18-maio-2010.

Importe: 853.344 €.