DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2010 Páx. 15.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 26 de agosto de 2010 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Recursos de información: elaboración de guías de uso.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2010.

Mª del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Recursos de información: elaboración de guías de uso: 10 €.