DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2010 Páx. 15.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN erros.-Resolución do 5 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do comité intercentros polo que se modifica o texto do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia número 203, do 3 de novembro de 2009, tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 27 de xaneiro de 2010.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 157, do 17 de agosto de 2010, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 14.801 onde di: «...publicado no Diario Oficial de Galicia nº 203, do 3 de novembro de 2009...», debe dicir: «...publicado no Diario Oficial de Galicia nº 213, do 3 de novembro de 2008».