DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2010 Páx. 15.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de setembro de 2010 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2010/2011.

Por Orde do 23 de abril de 2010 (DOG do 7 de maio), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da consellería para o curso 2010/2011.

Reunida a comisión de valoración prevista no artigo sexto da dita orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade cos artigos primeiro, segundo e sétimo da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder as contías que se sinalan nos anexos I e II aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2009/2010, vistas as memorias de actividades levadas a cabo durante o dito curso e os proxectos presentados para o período 2010/2011.

Segundo.-Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2010/2011, os 79 novos centros seleccionados que se relacionan no anexo III.

Terceiro.-Asignar as contías que se detallan nos ditos anexos, destinadas a apoiar os procesos de transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, e favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información, de acordo coas liñas prioritarias de actuación presentadas.

Cuarto.-Os gastos realizados xustificaranse, segundo o establecido no artigo oitavo da Orde do 23 de abril de 2010, antes do 10 de xuño de 2011.

Quinto.-A non entrega da memoria e/ou xustificación do gasto no prazo sinalado poderá ser causa de revogación das cantidades asignadas, e o centro deberá proceder ao reintegro da cantidade percibida sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan exixir.

Sexto.-O incumprimento total ou parcial dos proxectos ou das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión poderán dar lugar á anulación ou modificación da contía do importe concedido.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "17700D003P008.PDF"