DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

EDICTO.

Jorge García Varela solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a ampliación de contrucións agrarias, foxa de xurro que se situará en Costa Gondrame, cumprindo o disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que, durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

O Páramo, 4 de agosto de 2010.

O Alcalde

Rubricado