DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de información pública.

María José Granja González presentou neste concello expediente número 5152/08, solicitude de licenza para reforma e ampliación de explotación de vacún nun predio sito no lugar de Palmaz, Goiás, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente citado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 10 de agosto de 2010.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde