DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

EDICTO.

Francisco Rodríguez González solicitou licenza municipal para proceder á construción dunha balsa de xurros na parcela número 212 do polígono 66. De conformidade con establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública por período de vinte días, mediante anuncio no BOP de Ourense, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, co fin de que durante este poidan examinar o expediente na Secretaría municipal todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro Caldelas, 4 de agosto de 2010.

Eladio Osorio Castro

Alcalde