DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza dos locais e dependencias vinculados funcionalmente á Xerencia do Hospital Lucus Augusti en Lugo AB-CHX1-10-003.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: rúa Doutor Severo Ochoa, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo 27004.

4) Teléfono: 982 29 65 92.

5) Fax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-CHX1-10-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descripción: limpeza dos locais e dependencias vinculados funcionalmente á Xerencia do Hospital Lucus Augusti en Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: San Cibrao, s/n.

2) Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8 servizos de limpeza de edificios.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o punto 6.5 e anexos do prego específico de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importes: s/IVE: 9.745.762,70 €, IVE (18%): 1.754.237.30 €, c/IVE: 11.500.000,00 €.

5. Garantías exixidas. Provisoria (importe): si, 292.372,88 €. Definitiva (%): 5.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 1 e categoría D.

b) Solvencia económica e financieira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase 5.3.2.b) da Plataforma Electrónica de Contratación das Administracións Públicas (PECAP).

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do día 13 de outubro de 2010.

b) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral, edificio administrativo, planta baixa.

2) Enderezo: rúa Doutor Severo Ochoa, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo 27004.

4) Enderezo electrónico:

aurea.vazquez.gonzalez@sergas.es

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorogarase ata o primerio día hábil seguinte.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Complexo Hospitalario Xeral-Calde (sala de xuntas, 1ª planta, edificio administrativo), rúa Doutor Severo Ochoa, s/n.

b) Localidade e código postal: Lugo 27004.

c) Data e hora: publicarase no perfil de contratante, 10.00 horas.

9. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do procedemento.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 7 de setembro de 2010.

11. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 3 de setembro de 2010.

Francisco J. Vilanova Fraga

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo