DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2010, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de tubos de extracción ao baleiro e accesorios MS-ASF1-10-015.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Área Sanitaria de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área Sanitaria de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2) Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3) Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4) Teléfono: 981 33 45 14.

5) Telefax: 981 33 45 51.

6) Correo electrónico:

contratación.subministracións.asf@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-10-015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de tubos de extracción ao baleiro e accesorios.

c) División por lotes e número: un só lote.

d) Lugar de entrega: almacén xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

e) Prazo de entrega: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33141300-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

1) Prezo: ata 40 puntos.

2) Calidade técnica: ata 30 puntos.

3) Melloras: ata 20 puntos.

4) Prazo de entrega: ata 4 puntos.

5) Rappels económicos sobre compras: ata 4 puntos.

6) Dispoñibilidade de código de barras GS1128 e EDI: ata 2 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 203.287,85 €.

b) IVE: 16.263,35 €.

c) Importe total: 219.551,20 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, excluído IVE.

6. Requisitos específicos do contratista (grupo, subgrupo e categoría).

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 18 de outubro de 2010.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

2) Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3) Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4) Enderezo electrónico: -.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) A data, hora e lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 25 de agosto de 2010.

11. Outras informacións: -.

Ferrol, 17 de agosto de 2010.

P.D. (Artigo 5, Orde do 15-6-2009;

DOG nº 119, do 19 de xuño)

José Rey Aneiros

Director da Área Sanitaria de Ferrol en funcións