DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2010, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de tiras reactivas MS-ASF1-10-019.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Área Sanitaria de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Área Sanitaria de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal:15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico:

contratación.subministracións.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-10-019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de tiras reactivas.

c) División por lotes e número: tres lotes

-Lote 1: tira reactiva glicosa en sangue.

-Lote 2: tira reactiva ouriños.

-Lote 3: análise sistemática ouriños laboratorio.

d) Lugar de entrega: almacén xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

e) Prazo de entrega: véxanse pregos de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33124131-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

1) Calidade técnica: ata 45 puntos.

2) Prezo: ata 40 puntos.

3) Melloras: ata 5 puntos.

4) Prazo de entrega: ata 4 puntos.

5) Rappels económicos sobre compras: ata 4 puntos.

6) Dispoñibilidade de EDI/EAN: ata 2 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 187.870,29 €.

b) IVE: 15.029,51 €.

c) Importe total: 202.899,80 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, excluído IVE.

6. Requisitos específicos do contratista (grupo, subgrupo e categoría).

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 18 de outubro de 2010.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

2) Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3) Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4) Enderezo electrónico.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) A data, hora e lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: a cargo dos adxudicatarios.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 25 de agosto de 2010.

11. Outras informacións.

Ferrol, 17 de agosto de 2010.

P.D. (Artigo 5, Orde 15-6-2009; DOG nº 119,

do 19 de xuño)

José Rey Aneiros

Director da Área Sanitaria de Ferrol en funcións