DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2010, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a adxudicación definitiva do servizo de limpeza do centro de saúde de Noia AB-XPS1-10-002.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

c) Número de Expediente: AB-XPS1-10-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do centro de saúde de Noia.

c) División por lotes e número: non hai.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90900000-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 49, do 12 de marzo de 2010.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio.

4. Orzamento base de licitación: Importe neto: 93.504,00 euros. IVE (16%): 14.960,64 euros. Importe total: 108.464,64 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 11 de agosto de 2010.

b) Contratista: Limpiezas Salgado, S.L., CIF: B-15075732.

c) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 85.000,00 euros. IVE (18%): 15.300,00 euros. Importe total: 100.300,00 euros.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2010.

José Javier Ventosa Rial

Director xerente de Atención Primaria

de Santiago de Compostela