DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 19 de agosto de 2010 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 25 de xaneiro de 2010, do expediente 107 B 2008/150-0, devolta polo servizo de correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 28 de xullo de 2010, a resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Álvaro Pedro Romero Gil-Delgado, en nome e representación da entidade mercantil Breixo, S.L., contra a Resolución do 25 de xaneiro de 2010, no expediente 107 B 2008/150-0, sobre as obras consistentes en execución de nova estrutura, cimentación e placas de forxado, e reforma integral do interior e exterior da vivenda, desmonte de terras, construción dunha edificación subterránea, un rocho, un alpendre, unha escaleira, unha pasarela, un muro de contención de 6,60 m de lonxitude na parte posterior da vivenda, un de 3,30 m no lateral do patio traseiro da vivenda e outro de 6,00 m na parte dianteira da vivenda, na rúa Os Coidelos 20, parroquia de Dorneda, no termo municipal de Oleiros, A Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada no edificio Witland, 1º andar - Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado conforme o disposto no artigo 14.1º.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2010.

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo,

DOG nº 59, do 27 de marzo)

José M. Domínguez Blanco

Subdirector da Axencia de Protección

da Legalidade Urbanística