DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 18 de agosto de 2010 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/94/2010, devolto polo servizo de correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, con data do 16 de xullo de 2010, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/94/2010 á Comunidade de Montes Trabanca Badiña, pola súa condición de propietario dos terreos, por estar executando obras consistentes na construción dunha edificación de 92 m2, na rúa Depuradora nº 27, no lugar de Trabanca, Badiña, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2010.

P.S. (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)

José María Domínguez Blanco

Subdirector da Axencia de Protección

da Legalidade Urbanística