DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 9 de xullo de 2010 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Torres X.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Torres X, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data do 8 de xuño de 2010, Segundo Torres Soliño (32559113-Z) e Josefa Barreiro Brun (35265465-W) solicitaron autorización para a transmisión da concesión da batea Torres X.

Segundo.-Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 25 de novembro de 2009, de delegación de competencias no secretario xeral, nos directores xerais, nos xefes territoriais da Consellería do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 235, do 1 de decembro).

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Elisa Agustina Torres Barreiro (35307802-L), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Torres X.

Situación:

Cuadrícula número: 101.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15-5-1971.

Remate da vixencia: 15-5-2011.

Actuais titulares: Segundo Torres Soliño (32559113-Z) e Josefa Barreiro Brun (35265465-W).

Nova titular: Elisa Agustina Torres Barreiro (35307802-L).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 9 de xullo de 2010.

P.D. (Orde 25-11-2009; DOG nº 235,

do 1 de decembro)

Sonia Lorenzo Santos

Xefa territorial de Vigo