DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 5 de agosto de 2010, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Bustelos, solicitada a favor dos veciños do lugar de Bustelos, da parroquia de Vilatuxe, do concello de Lalín, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 7-6-2010, acordou iniciar os trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Lalín.

Parroquia: Vilatuxe.

Nome do monte: Bustelos.

Cabida: 350,24 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte: monte dos veciños de Gondoriz, concello de Silleda, concello de Forcarei, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez, herdeiros de José Canda e María Iglesias Cachafeiro.

Sur: río Deza, concello de Forcarei, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez e María Iglesias Cachafeiro.

Leste: río Deza, monte dos veciños de Gondoriz, concello de Silleda, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez, herdeiros de José Canda e María Iglesias Cachafeiro.

Oeste: concello de Silleda, concello de Forcarei, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez, herdeiros de José Canda e María Iglesias Cachafeiro.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como para achegar cantas alegacións, documentos ou información xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 5 de agosto de 2010.

Enrique Martínez Chamorro

Instrutor do expediente