DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 24 de agosto de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2009/0053-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por este departamento territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao amparo dos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia (paralizado o 13 de xaneiro de 2009), ao ter entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, copia da sentenza ditada no procedemento 421/2009, polo accidente laboral do traballador Gheorge Dicu.

Os documentos que constan no expediente son:

-Acta de infracción.

-Xustificante da notificación (29-12-2008).

-Escrito de alegacións (16-1-2009).

-Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que coide pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2009/0053-4.

Acta nº: I362008000159633.

Empresa: Construcciones Urbisega, S.L.

NIF/DNI: B-36528040.

Enderezo: r/ Hórreo, 86 entreplanta, Santiago de Compostela.

Vigo, 24 de agosto de 2010.

Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo