DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Lugo. (Expediente IN407A 10/12-2, 7661 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Xunta de Compensación da UA Norte 16, Norte 19, Centro Norte 19 e Centro Norte 10.

Domicilio social: praza de Constitución, edificio estación de autobuses, 2º andar, r/ Armanyá, nº 29, 1º A; r/ Xeral Pardiñas, nº 28, 6º esquerda, respectivamente.

Denominación: proxecto de instalación de rede de distribución a 20 kV, C.T.S. e R.B.T. para subministración a edificio de vivendas.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con orixe no C.S. Curros Enríquez (12.808), entra e sae no C.T.1 proxectado, entra e sae no C.T.2 proxectado e remata no C.T. praza da Milagrosa (14.924), cunha lonxitude de 430 metros en condutor R.H.Z.-1-240 subterráneo baixo tubo.

C.T.1 en edificio prefabricado subterráneo tipo PFS-2T-H, cunha potencia de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

C.T.2 en edificio prefabricado subterráneo tipo PFS-2T-H, cunha potencia de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

R.B.T. subterráneas, con orixe nos C.T. proxectados, formadas por sete circuítos, os cales alimentan a parcelas que se van electrificar, en condutor R.V.-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 2 de setembro de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo