DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Oroso. (Expediente IN407A 10/116).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.MT.S. e CC.TT. avda. Compostela.

Situación: concello de Oroso.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 1.595 m de lonxitude en condutor R.H.Z.1. de 240 mm2 Al, con orixe en C.T. Oroso Pequeno e final en C.T. Instituto de Sigüeiro.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 985 m de lonxitude en condutor R.H.Z.1. de 240 mm2 Al, con orixe no C.T. rúa do Deporte e final na L.M.T.S. existente entre o C.T. rúa do Deporte e o C.T. A Garabanxa 51, pasando antes polos CC.TT. da urbanización Revolta I e II de 800 kVA c/u e Revolta III de 400 kVA, este último prefabricado de manobra exterior, e os nº 1 e nº 2 de manobra interior. Concello de Oroso.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 29 de xullo de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña