DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Vilalba. (Expediente IN407A 09/186-2, 7426 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Promociones Sólido y Domínguez, S.L.

Domicilio social: Ameiro, nº 33, Dena, Meaño, Pontevedra.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. Cidade de Lugo.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela de liña existente no C.T. Grupo La Paz e final nunha cela de liña no C.T. avenida Cidade de Lugo proxectado, en condutor tipo R.H.Z.-240 cunha lonxitude de 298 metros, para deixar o C.T. proxectado dentro do anel, retírase o condutor do C.T. Grupo La Paz e lévase a unha cela de liña do C.T. proxectado.

C.T. avenida Cidade de Lugo, en edificio non prefabricado, no cal se instalan dous transformadores, un de 630 kVA e outro de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final nas acometidas proxectadas en condutor tipo X.Z.-150, cunha lonxitude de 390 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 19 de xullo de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo