DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANUNCIO do 26 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2010-0021.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede deste departamento territorial, situado no edificio administrativo de servizos múltiples, Monelos, A Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 26 de xullo de 2010.

José Antonio Álvarez Vidal

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2010-0021.

Interesada: Autotécnicas TRV, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.