DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servizo consistente no funcionamento e xestión do Teléfono da Muller no ámbito autonómico. (Expediente 02/2010).

Para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, esta secretaría xeral acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que a continuación se relaciona:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral da Igualdade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero.

c) Número de expediente: 02/2010.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13924

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: funcionamento e xestión do Teléfono da Muller no ámbito autonómico.

c) CPV: 98200000-5.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG do 21 de abril de 2010.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

-Importe neto: 155.172,41 €.

-IVE (16%): 24.827,59 €.

-Importe total: 180.000 €.

5. Adxudicación.

a) Data: 22-6-2010.

b) Contratista: UTE Contactnova-Callcenter.

c) Importe adxudicación:

-Importe neto: 141.875,84 €.

-IVE (16%): 22.700,13 €.

-Importe total: 164.575,97 €.

Santiago Compostela, 27 de agosto de 2010.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade