DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.826

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de setembro de 2010 pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril), que tiveron aprazamento da fase de prácticas, e os opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril) que ocupen vacante dotada orzamentariamente.

Mediante a Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril) e a Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril) convocánse procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O punto 1 da base común 14 das citadas ordes establecen que as prácticas terán por obxecto comprobar as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia dos aspirantes que aprobaron o concurso-oposición, que se realizarán nos destinos provisionais que lles correspondan co desempeño da función docente e con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionario en prácticas do corpo de profesores de música e artes escénicas a Iago Lariño Rodal, DNI 78733572-H, especialidade frauta travesa, opositor que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril), relacionado na Orde do 29 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto), que tivo aprazamento da fase de prácticas.

Segundo.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de música e artes escénicas os opositores que se relacionan nos anexos II, III, IV e V da Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) coa excepción dos funcionarios de carreira que non se incorporen a un novo destino do corpo no cal superaron o procedemento selectivo.

Terceiro.

1. O nomeamento como funcionario en prácticas para os opositores que non estean a prestar servizos como persoal interino docente producirá efectos económicos e administrativos do 17 de setembro de 2010.

2. Sen prexuízo do previsto no número anterior, no caso dos profesores interinos que teñen nomeamento durante o curso académico 2009-2010, en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o nomeamento como funcionario en prácticas terá efectos económicos e administrativos do día inmediatamente posterior ao do seu cesamento.

Cuarto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas, modificado polo Real decreto 213/2004, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Quinto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean a prestar servizos remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

De conformidade co establecido no punto 13.5º da orde de convocatoria, presúmese que o profesorado interino que percibe trienios e resulta nomeado funcionario en prácticas dun corpo do mesmo grupo en que prestaba servizos opta pola remuneración das retribucións correspondentes a funcionario interino, sen prexuízo da súa inclusión no réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios públicos.

Sexto.-A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e instrucións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria