DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.826

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 7 de setembro de 2010 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais.

Unha vez convocado o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, pola Orde da Consellería de Facenda do 25 de xuño de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia número 126, do 30 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

ANEXO

-Tribunal titular.

Presidencia: José Luis Chan Rodríguez.

Secretaría: Genma Otero Uhía.

Vogais:

Jacobo José Aboal Viñas.

Miguel Ángel Cela González.

Javier Turrillo Montiel.

-Tribunal suplente.

Presidencia: Marta Forés Lojo.

Secretaría: Javier Márquez Alonso.

Vogais:

Belén Bris Marino.

Manuel Francisco Gutiérrez.

Mª Carmen Juliani Aguado.