DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2010 Páx. 15.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as listaxes definitivas de incluídos nas bolsas de traballo e de reserva de médicos forenses interinos do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

A orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 10 de maio de 2006 regulou a selección e nomeamento de médicos forenses interinos (DOG nº 100, do 26 de maio). Mediante a resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 17 de febreiro de 2010 (DOG nº 37, do 24 de febreiro) convocouse o proceso de formación das bolsas de traballo e de reserva de interinos para as sete subdireccións territoriais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Finalizados os traballos de estudo das reclamacións presentadas contra as listaxes provisionais publicadas por Resolución do 26 de abril de 2010, cómpre publicar as listaxes definitivas de incluídos nas referidas bolsas de traballo e de reserva.

Polo anteriormente exposto,

ACORDO:

A publicación, nos sitios previstos no punto 2 do artigo 10 da Orde sobre selección e nomeamento de médicos forenses interinos, das listaxes definitivas de incluídos nas bolsas de traballo e de reserva de médicos forenses interinos do Instituto de Medicina Legal de Galicia, convocadas pola resolución desta dirección xeral do 17 de febreiro de 2010.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2010.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

Ver referencia pdf "17600D002P008.PDF"