DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Pleno desta corporación, na sesión ordinaria do día 30 de xullo de 2010, adoptou, entre outros o seguinte acordo:

24. Aceptar a ampliación da delegación de competencias tributarias polo Concello de Betanzos, en materia de recadación voluntaria e executiva das sancións municipais por infraccións da Lei de tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

Aceptar a ampliación de competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Betanzos en relación coa seguinte materia:

Recadación voluntaria e executiva das sancións por infraccións das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no BOP conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 19 de agosto de 2010.

Salvador Fernández Moreda Mª Amparo C. Taboada Gil

Presidente da Deputación Secretaria accidental da Provincial da Coruña Deputación Provincial da Coruña