DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, do servizo de vixilancia dos centros cívicos municipais. (Expediente 1976-321).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Promoción económica e emprego. c) Obtención de documentación e información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 02 48, fax 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de espediente: 1976-321.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: servizos. b) Descrición: servizo de vixilancia exterior de centros cívicos dependentes da Concellería de Participación Cidadá e das súas instalacións anexas. c) División por lotes e números de lotes/número de unidades: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 4 anos.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total 340.000 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: Grupo M, subgrupo 2, categoría a. b) Solvencia económica e finaceira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 13 e 14 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 8 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

10. Outras informacións:-.

Vigo, 1 de setembro de 2010.

Raquel Díaz Vázquez

Concelleira delegada de Contratación