DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

O Pleno do concello, en sesión ordinaria do 20 de agosto de 2010, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar (Ourense), tramitada por instancia de Xestur Ourense, S.A., representada por Argimiro Marnotes Fernández en calidade de xerente, segundo a documentación técnica, redactada e asinada polos arquitectos Basilio Rodríguez Lois e Severo Fernández Castro, colexiados nº 2.734 e 2.726 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia respectivamente.

Segundo.-Publicar a aprobación definitiva, no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e ordenanzas da modificación puntual do plan parcial no BOP de Ourense, todo iso en virtude do establecido no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro.-Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares da modificación puntual do plan parcial aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que a integran sobre os que recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

O que se fai público para a súa executividade, significando que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer directamente, aqueles que se consideren lexitimados, recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, conforme o establecido nos artigos 10.1º6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente en dereito, significándolles que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

O Pereiro de Aguiar, 23 de agosto de 2010.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde