DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 5 de agosto de 2010, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º Aprobar inicialmente o Plan parcial do sector de solo urbanizable 01 Cabeanca a pedimento de Pazos del Norte, S.L. (representada por Eric Holla). Inclúese o informe de sustentabilidade ambiental.

Para a aprobación definitiva deberá redactarse e presentarse un documento refundido en que se teñan en conta as consideracións expostas nos informes técnicos do 22 de outubro de 2009 (Servizo de Enxeñaría) e o 30 de xullo de 2010 (arquitectas municipais) e todas aquelas que resulten do trámite de exposición pública, informes sectoriais e consultas.

2º Someter o expediente a información pública, na forma prevista no artigo 86.1º a) da Lei de Galicia 9/2002 durante dous meses.

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento Urbanístico, para sometelo a exposición pública polo prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación oficial deste anuncio, para que todas as persoas interesadas poidan achegar as alegacións que coiden pertinentes.

Ourense, 27 de agosto de 2010.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde presidente