DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación.

Resolución da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, do 29 de xullo de 2010, para a contratación dos traballos de desinfección, desratización e desinsectación do termo municipal de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 177/10.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dos traballos de desinfección, desratización e desinsectación do termo municipal de Ourense.

b) Lugar: Ourense.

c) Duración: o contrato terá unha duración de dous anos desde a súa sinatura. Poderá prorrogarse por dous anos máis, logo de acordo expreso do órgano de contratación, ata unha duración máxima de catro anos incluídas as prórrogas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitacion: o orzamento anual máximo é de 33.000 euros máis 5.940 euros en concepto de IVE, o que resulta un total de 38.940 euros.

5. Garantías.

a) Definitiva: o adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ao 5% do prezo de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Contratación.

b) Enderezo: praza Maior, nº 1.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Teléfono: 988 39 30 41.

e) Páxina web: www.ourense.es

7. Recollida de documentación.

Páxina web: www.ourense.es

8. Requisitos específicos do contratista: os especificados no punto 4 do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior nº 1, Ourense 32005 das 9.00 ás 13.00 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a recepción das ofertas.

10. Apertura das ofertas.

a) Lugar e día que se sinale no perfil do contratante do Concello de Ourense.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 6 de agosto de 2010.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde