DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2010 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación das obras do proxecto básico e de execución para un centro de coñecemento na antiga fábrica da Muiñeira.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Dirección da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2096.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto básico e de execución para un centro de coñecemento na antiga fábrica da Muiñeira.

c) Prazo de execución: 6 meses.

d) CPV: 45000000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

-Oferta económica: 51 puntos.

-Melloras gratuítas: 30 puntos.

-Referencias técnicas: 19 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 948.275,86 euros. IVE: 170.689,65 euros. Importe total: 1.118.965,51 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5% do importe da adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

Grupo K, subgrupo 7, categoría e.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral.

2) Domicilio: praza Maior núm. 1.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Enderezo electrónico:

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

10. Outras informacións.

Ourense, 1 de setembro de 2010.

Andrés García Mata

Tenente de alcalde