DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de información pública.

Manuel Vila Méndez solicita desta Alcaldía licenza municipal para construción de dous almacéns, fosa de xurro, e silos para explotación existente no lugar de Pol-Monterroso. O que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días para os efectos das alegacións que os interesados consideren oportunas.

Monterroso, 18 de agosto de 2010.

P.D. (Decreto 27-6-2007)

Darío Rodríguez Vázquez

Primeiro tenente alcalde