DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Feilong Zhang, con NIE X2721736P, solicitou deste concello a licenza de obras e licenza de actividade e apertura para o acondicionamento dun local comercial para dedicalo a comercio polo miúdo de produtos de bazar, que se situará na rúa Estatuto de Autonomía de Galicia, nº 24-26, de Cee. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o devandito expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, ben no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente nas oficinas municipais as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan alegar o que consideren oportuno.

Cee, 30 de xullo de 2010.

Ramón Vigo Sambade

Alcalde