DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

De conformidade co artigo 92 da Lei 9/2002 e co artigo 70.2º da Lei 7/1985, publícase o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle do P-14.1, AR-14 SUR, adoptado en sesión plenaria do 1 de xullo de 2010.

O plan entrará en vigor segundo o previsto no artigo 70.2º da Lei 7/1985.

Faise constar que con data do 5 de agosto de 2010 se lle remitiu unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado, con todos os planos e documentos que a integran, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Aprobación definitiva, se procede, do estudo de detalle do P-14.1, AR-14 SUR.

Sen máis intervencións, a Corporación, por unanimidade dos dezasete membros asistentes, adoptou o seguinte acordo:

Vista a solicitude de tramitación de estudo de detalle do P-14.1, AR-14 SUR, presentado pola xunta de compensación do P-14.1, AR-14 SUR.

Visto o informe do arquitecto municipal do 21 de abril de 2009 e 24 de xuño de 2010.

Vista a aprobación inicial realizada pola Xunta de Goberno Local do 30 de abril de 2009.

Visto o período de información pública mediante anuncios en La Región e no Diario Oficial de Galicia sen que se presentaran alegacións.

Visto o ditame da Comisión de Obras e Urbanismo do 28 de xuño de 2010.

Vista a competencia do Pleno da Corporación, segundo o artigo 22.2º c) da Lei 7/1985.

Acordamos:

1. A aprobabión definitiva do estudo de detalle do P-14.1, AR-14 SUR.

2. Comunicar este acordo ao promotor.

3. De conformidade cos artigos 70.2º da Lei 7/1985 e 92 da Lei 9/2002, proceder á remisión deste acordo á Administración xeral do Estado e á Administración da comunidade autónoma. Así mesmo, proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, xunto coa normativa.

O Barco de Valdeorras, 5 de agosto de 2010.

Alfredo García Rodríguez

Alcalde