DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de procedemento aberto, tramitación urxente, para a adxudicación do contrato da obra de urbanización da N-547 ao seu paso pola travesía de Arzúa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Urbanización da N-547 ao seu paso pola Travesía de Arzúa.

b) Nomenclatura CPA-2008: 42.11.20.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de valoración.

4. Orzamento.

a) Orzamento de licitación: 1.694.915,25 € + 305.084,75 € (18% de IVE)= 2.000.000 €, coa distribución de anualidades establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello en no perfil do contratante www.concellodearzua.org

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa-15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

b) Solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional: non se require ao exixirse a clasificación.

8. Criterios de valoración: os sinalados na cláusula 16 do prego.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación a presentar: A especificada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario.

12. Outros datos: lugar onde se poden obter copias do proxecto técnico, na libraría Os Picariños, sita na rúa Santiago, nº 10 de Arzúa (teléfono 981 50 07 25).

Arzúa, 6 de setembro de 2010.

Xaquín García Couso

Alcalde