DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2010 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 13/10.

2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: mobiliario na escola infantil de 0-3 anos. Campus da Xunqueira-2 lotes. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: 2. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1: 60.365,59 € + 10.865,81 € IVE que hai que soportar.

Lote 2: 34.802,14 € + 6.264,39 € IVE que hai que soportar.

5. Garantías. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Universidade de Vigo-Serv. de Xest. Económ. e Contratación. b) Domicilio: edificio de Xerencia y Servizos Centrais, 2ª planta, As Lagoas-Marcosende. c) Localidade e código postal: Vigo 36310. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ao da finalización do prazo de presentación de ofertas. Páxina web onde se poden atopar os pregos e demais información: http://www.uvigo.es/servicios/contratación

7. Requisitos específicos do contratista.

Deberán acreditar a solvencia económico-financeira e a solvencia técnico-profesional segundo os artigos 64 e 66 da LCSP.

8. Presentación das ofertas. a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas adm. particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: As Lagoas-Marcosende, planta baixa, 3ª Localidade e código postal: Vigo 36310. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas. a) Entidade: sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo. b) Domicilio: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta. c) Localidade: Vigo 36310. d) Data: o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

10. Páxina web onde se pode atopar os pregos e demais información: http://www.uvigo.es/servicios/contratación

Vigo, 2 de setembro de 2010.

Alberto Gago Rodríguez

Reitor da Universidade de Vigo