DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2010, da Xerencia do Hospital da Barbanza, pola que se convoca a contratación da subministración sucesiva de gasas, cueiros e diversos apósitos sanitarios para este hospital MS-HBA1-10-013.

O director xerente do Hospital da Barbanza, para dar cumprimento aos principios de contratación que lle son aplicables, abre o proceso de recepción de ofertas para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Hospital da Barbanza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Hospital da Barbanza. Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: Lugar Salmón s/n, Oleiros.

3) Localidade e código postal: 15993 Ribeira, A Coruña.

4) Teléfono: 981 83 59 22.

5) Telefax: 981 83 59 98.

6) Correo electrónico: cbarbanza@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: MS-HBA1-10-013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de gasas, cueiros e diversos apósitos sanitarios para o Hospital da Barbanza.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: ver pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: Lugar Salmón s/n, Oleiros.

2) Localidade e código postal: 15993 Ribeira, A Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: doce meses contados desde a data de formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

h) CPV(referencia de nomenclatura): Lote 1: 33141110-4; Lote 2: 33141110-4, 33141000-0; Lote 3: 33141114-2, 33141119-7; Lote 4: 33751000-9, 33141118-0; Lote 5: 33141111-1.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver pregos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 62.879,83 euros. IVE 8%. Importe total: 67.910,21 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: ver pregos 6.7.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: -

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital da Barbanza.

2) Domicilio: lugar Salmón s/n, Oleiros.

3) Localidade e código postal: 15993 Ribeira, A Coruña.

4) Enderezo electrónico: cbarbanza@sergas.es

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): -

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: publicarase no perfil do contratante. www.sergas.es

b) Localidade e código postal: -

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante. www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: ver pregos.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: -

11. Outras informacións: -

Ribeira, 1 de setembro de 2010.

Luis González Taboada

Director xerente do Hospital da Barbanza