DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

CÉDULA do 27 de agosto de 2010 pola que se fai pública unha resolución de recurso de reposición interposta contra a resolución relativa ao expediente de avaliación ou informe para a contratación como profesor universitario, relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 15 de decembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro).

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública unha resolución de recurso de reposición interposta contra a resolución relativa ao expediente de avaliación ou informe para a contratación como profesor universitario polas universidades de Galicia, relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 15 de decembro de 2009 (DOG do 30 de decembro), e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado non se puido practicar. Esta resolución foi ditada polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG.

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido da resolución do recurso de reposición e deixar constancia da súa notificación, advertindo que, en caso de no comparecer no prazo indicado, considerarase notificada cos efectos que correspondan.

A citada resolución de recurso pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2010.

Miguel Ángel Santos Rego

Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome: Iván Fernández Pérez.

Identificación: 44445470-V.

Expediente: 111-1A/09-035/PAD.