DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 30 de xullo de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente INC-PO-0110/2010-BIO e INC-PO-0137/2009-VNA.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 30 de xullo de 2010.

Gerardo Zugasti Enrique

Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0110/2010-BIO.

Denunciado: Camilo Jaime Navazas García.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0137/2009-VNA.

Denunciado: Transportes Silvia María, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.