DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 13 de agosto de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se anuncia o comezo do deslindamento da parcela norte do monte veciñal en man común denominado De Souto, pertencente a Souto, no concello de Lobeira (Ourense).

En cumprimento da Resolución do 28 de xullo de 2010, do director xeral de Montes, na que se autoriza a realización do deslindamento da parcela norte do monte veciñal en man común denominado De Souto, pertencente a Souto no concello de Lobeira (Ourense), e de acordo co disposto no artigo 90 do Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes, acordouse sinalar a data do 27 de outubro de 2010 ás 10.00 horas para o comezo das operacións de deslindamento, que serán efectuadas polo enxeñeiro de montes Luís Miguel Segovia García, fixando como punto de encontro a ermida do Viso.

Emprázanse os estremeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Os que non asistan persoalmente ou por medio de representante legal ou voluntario á práctica do deslindamento, non poderán despois formular reclamacións contra el.

Ourense, 13 de agosto de 2010.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo

Xefe territorial de Ourense