DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 2 de agosto de 2010, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se corrixe o Edicto do 6 de xullo de 2010, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Caeiro e outros, solicitada a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Canicouva, do concello de Pontevedra, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Unha vez cumprido co trámite de audiencia previsto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, en relación co expediente de clasificación dos montes Caeiro e outros, solicitada a prol da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Canicouva, foi advertido un erro na transcrición informática da descrición dos montes obxecto da clasificación, polo que en virtude do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, o Acordo do 6-7-2010 queda substituído do xeito seguinte:

O 26-11-2009 o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acordou iniciar os trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Santo Estevo da Canicouva.

Nome do monte: Caeiro.

Cabida: 705 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte: propiedades privadas de Aristela Sabajanes Portela.

Sur: camiño vecinal e mais propiedades privadas.

Leste: propiedade privada de Carmen Barreiro Portela.

Oeste: camiño de servizo e propiedade privada de José Carlos Portela Portela.

Nome do monte: Pía de Auga ou Espedregal.

Porción A do monte Pía de Auga, dividida pola estrada PO-0001.

Cabida: 3.700 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte: propiedade de Nieves Fontán Portela.

Sur: propiedades de María Sabajanes Portela e Remedios Portela Sabajanes.

Leste: propiedades de Carmen Barreiro Portela e Concepción Fernández Sabajanes.

Oeste: monte veciñal da parroquia de Figueirido (concello de Vilaboa).

Porción B do monte Pía de Auga.

Cabida: 2.845 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte: propiedade de herdeiros de José Gónzalez Fontán.

Sur: propiedades de Remedios Portela Sabajanes e María Sabajanes Portela.

Leste: propiedades de Manuel Sabajanes Fernández e María Rosa Sabajanes Fernández.

Oeste: monte veciñal da parroquia de Figueirido (concello de Vilaboa).

Monte Lagoa.

Cabida: 837 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte: propiedades de herdeiros de María Fontán Portela, Nieves Fontán Portela.

Sur: camiño de servizo e propiedade de Esther Portela Carballo.

Leste: propiedade de Manuel Boullosa Bóveda.

Oeste: propiedade de Jesús Sabajanes Portela.

Monte O Pío.

Cabida: 881 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte: propiedades de Carmen Barreiro Portela.

Sur: Concepción Boullosa Bóveda e Carmen Barreiro Portela.

Leste: propiedade de Nieves Fontán Portela.

Oeste: propiedades de Carmen Barreiro Portela.

Monte Cabreira Farexa.

Cabida: 1.013 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte e oeste: propiedade de María Isabel González Ríos.

Leste: propiedade de Alfonso Portela Sabajanes.

Sur: Concepción Fernández Sabajanes, Nieves Fontán Portela.

Oeste: monte veciñal da Parroquia de Figueirido (concello de Vilaboa).

Monte Rebordelo.

Cabida: 411 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte e oeste: muro que separa das propiedades de Hernesta Tourón Fernández, Camilo Tourón Fernández.

Sur: María Fernández Sabajanes e herdeiros de José González Fontán.

Leste: Dorinda Barreiro Sabajanes.

Monte Outeiro.

Cabida: 8.715 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindeiros:

Norte: Toetista Currás Míguez, José Ramón Míguez Curras, Paulina Santos Míguez, José Luis Pazos Rios, Rafael Castro Raña.

Oeste: María Lina Conde Cal, CMVMC de Santo Estevo da Canicouva.

Sur: Rogelio Míguez, Belarmina Conde Míguez, Eva Conde Curras, María Solita Conde Míguez.

Leste: Ana María Taboada Currás, Belarmina Conde Míguez e María Míguez Torres.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes e, de ser o caso, propoñer proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 2 de agosto de 2010.

Víctor Abelleira Argibay

Instrutor do expediente