DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CÉDULA do 23 de agosto de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 15 de xuño de 2010, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-105/10, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo I se menciona a incoación do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña ditada no expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Designo instrutora do expediente a María Carmen Arnoso Calvo. Os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co artigo 13.1º d) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, a resolución deste procedemento por infracción leve corresponde a este departamento territorial da Consellería de Cultura e Turismo, segundo o disposto no artigo 79.1º a) da Lei 14/2008, en relación cos decretos 79/2009 e 245/2009.

A resolución deste procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo, de conformidade co disposto no artigo 84.1º da Lei 14/20008, do 3 de decembro.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2º do citado decreto.

A Coruña, 23 de agosto de 2010.

Manuel Varela Rey

Xefe territorial da Coruña

ANEXO I

Expediente: AC-105/10.

Denunciada: Sandra Fabiana Sánchez.

NIE: X1083793X.

Establecemento: pub Zorba.

Enderezo: rúa Río Xallas, 49.

Localidade: Carballo.

Precepto infrinxido: artigo 69 a) 2º da Lei 14/2008.

Incoación: 15 de xuño de 2010.

Sanción: multa de cen euros (100 €).