DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 23 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Oleiros. (Expediente IN407A 10/164).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación L.M.T. e C.T. Pezoca.

Situación: concello de Oleiros.

Características técnicas: adecuación do C.T. Pezoca, expediente 52690, consistente na reforma da L.M.T. aérea de entrada e saída no C.T. pasándoas a subterráneas no interior da parcela do C.T.

Retirada da aparellaxe antiga e trafo, substituíndoo por un C.T. compacto de manobra exterior de 400 kVA. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de xullo de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña