DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 23 de xullo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Noia. (Expediente IN407A 10/159).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T. por autovía Brión-Noia tramo San Paio-Noia.

Situación: concello de Noia.

Características técnicas: liña de media tensión aerosubterránea Tambre San Bernardo a 20 kV de 190 e 153 m de lonxitude en condutor LA-110 e R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, que parte do apoio nº 17 e final no nº 18B.

Liña de media tensión aerosubterránea San Paio a 20 kV de 202 e 156 m de lonxitude en condutor LA-110 e R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe no apoio nº 2 da derivada e final no nº 4.

Liña de media tensión aérea a 20 kV de 424 m de lonxitude en condutor LA-110 entre apoios 16 e 18 de dita liña. Concello de Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de xullo de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña