DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.797

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (459/2010).

Eu, Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial accidental do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 459/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia García Blanco contra Constante Manuel López, en reclamación de cantidade, se ditou sentenza, con data do 14 de xullo de 2010, cuxa resolución é a seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Noelia García Blanco e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Constante Manuel López a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.698,87 euros polos salarios xerados e deixados de percibir entre os meses de xullo e agosto de 2009, parte proporcional de vacacións e pagas extraordinarias da citada anualidade, así como o xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número cinco da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1º a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Pilar Carreira Vilar, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número cinco da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Constante Manuel López, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o interesado de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos.

A Coruña, 30 de xullo de 2010.

Adelaida Egurbide Margañón

Secretaria xudicial accidental