DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.796

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (458/2010).

Eu, Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial accidental do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 458/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Miranda Fernández contra a empresa Tabellarius, S.L. e outro, en reclamación de cantidade-salarios, se ditou sentenza, con data do catorce de xullo de dous mil dez, cuxa resolución é a seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Manuel Miranda Fernández e, en consecuencia, debo condenar e condeno as entidades Tabellarius, S.L. e Mensajeros de los Césares, S.L. a que lle aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 20.848 euros polos salarios xerados e deixados de percibir entre os meses de setembro de 2009 e marzo de 2010, parte proporcional de vacacións, así como o xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número cinco da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1º a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Pilar Carreira Vilar, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número cinco da Coruña».

A Coruña, 30 de xullo de 2010.

Adelaida Egurbide Margañón

Secretaria xudicial accidental