DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.796

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (902/2009).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos co número 902/2009 por instancia de María Isabel Basteiro Mongui contra Fluir Ediciones, S.L., Eloy Lozano Publicidad, S.L., Professional Publications & Exhibitions, S.L., e Off Films, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 15 de xuño de 2010 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por María Isabel Basteiro Mongui contra as empresas Fluir Ediciones, S.L., Eloy Lozano Publicidad, S.L., Professional Publications & Exhibitions, S.L., e Off Films, S.L., debo declarar e declaro improcedente o seu despedimento e condeno conxunta e solidariamente as demandadas a que opten ben pola readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir aquel, ben polo aboamento da cantidade de 17.612,18 euros en concepto de indemnización.

A aludida opción deberase exercer no prazo de cinco días a partir da notificación desta resolución mediante escrito ou comparecencia ante a secretaria deste órgano xurisdicional. Se a demandada non a verifica, entenderase que opta pola readmisión. Calquera que for o sentido desta, debo, así mesmo, condenar a empresa demandada a que lle satisfaga á demandante os salarios de tramitación que lle corresponden calculados desde a data do despedimento ata a de notificación desta sentenza e que no día de hoxe suman a cifra de 22.414,94 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, en que deberá constar a responsabilidade solidaria do avalista, sen cuxo requisito non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentenza.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Eloy Lozano Publicidad, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 28 de xullo de 2010.

Ana María Carrasco García

Secretaria xudicial