DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2010 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas polo Instituto Galego de Promoción Económica durante o segundo trimestre de 2010.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape no Diario Oficial de Galicia, expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

No caso de programas de axuda do Igape convocados en réxime de concorrencia competitiva, o Igape publicará as subvencións concedidas a proxectos en listas de espera elaboradas co fin de que, de producirse desistencias ou renuncias entre os proxectos aprobados, puidesen ser propostos para a concesión, por estrita orde de puntuación acadada e ata esgotarse o crédito dispoñible.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, o beneficiario estará suxeito ás normas de información e publicidade que establece o Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Así mesmo, o Igape tamén publicará as subvencións concedidas en vía de recurso ao abeiro das súas bases reguladoras, unha vez vistos os recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro das súas bases reguladoras e tras propoñer para concesión os proxectos aprobados nos recursos estimados.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape durante o segundo trimestre de 2010, que figura como anexo I.

Segundo.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas a proxectos que estaban na lista de espera durante o segundo trimestre de 2010, que figura como anexo II.

Terceiro.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape en vía de recurso durante o segundo trimestre de 2010, que figura como anexo III.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Norma reguladora:

Resolución do 4 de marzo de 2008 (DOG nº 47, do 6 de marzo), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíprocas e as entidades financeiras adheridas.

Finalidade:

Facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores, e das pemes que melloren a súa competitividade.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.E1/13/01.656701 e 02.01.E1/13/01.656702 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG nº 55, do 18 de marzo), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

Finalidade:

Fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E1/10/01.656700 e 02.02.E2/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas nunha porcentaxe do 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, Eixe 2, Tema Prioritario 2.08 no caso dos proxectos IG100 e Eixe 2, Tema Prioritario 2.09 no caso dos proxectos IG107.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG nº 215, do 5 de novembro), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Finalidade:

Facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes co obxeto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 7 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2009, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre este instituto e as entidades financeiras.

Finalidade:

Establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pemes que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas do Plan de fomento empresarial 2009 do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Aplicacións orzamentarias:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 22 de xullo de 2009 (DOG nº 148, do 30 de xullo), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas. (Programa Re-Imaxina).

Finalidade:

Facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores, e das pemes que melloren a súa competitividade.

Aplicacións orzamentarias:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.E1/13/01.656701, 02.01.E1/13/01.656702, 02.01.E1/13/02.656701, 02.01.E1/13/02.656702, 02.01.E4/13/01.656701 e 02.01.E4/13/01.656702 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 7 de setembro de 2009 (DOG nº 182, do 16 de setembro), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores de exportación.

Finalidade:

Axudar a incorporar profesionais ao mercado laboral e promover e facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados, poñendo, ao seu alcance, axudas para a contratación de profesionais durante o primeiro ano de vixencia do contrato laboral.

Aplicacións orzamentarias:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 01.04.E3/10/01.651700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas nunha porcentaxe do 80% polo Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 4.80.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG nº 191, do 29 de setembro), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Finalidade:

Establecer unha liña de subsidiación para facilitar o acceso ao financiamento para circulante dos autónomos e as microempresas.

Aplicacións orzamentarias:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.E5/10/01.656702 e 02.01.E5/40/03.142002 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 25 de febreiro de 2010 (DOG nº 44, do 5 de marzo), pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao sector do comercio polo miúdo, complementarias á liña de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Plan Re-Solve).

Finalidade:

Compensar os xuros asociados ao financiamento obtido polos autónomos e microempresas do sector do comercio polo miúdo, mediante a liña de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Plan Re-Solve).

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 6 de abril de 2010 (DOG nº 67, do 12 de abril), pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas.

Finalidade:

Teñen como finalidade facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axuda financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 01.04.E3/10/01.651700 e 01.04.E3/10/01.651800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG número 76, do 23 de abril de 2010), pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira das pequenas e medianas empresas.

Finalidade:

Establecer as hipóteses e decisións que soporten unha viabilidade futura da empresa e obter financiamento nalgunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo da empresa.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.E4/10/03.651700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

ANEXO II

Norma reguladora:

Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG nº 31, do 13 de febreiro) pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases.

Finalidade:

Fomentar as actuacións que lles permitan ás pemes galegas a mellora da súa planificación empresarial e a reflexión para abordar con maiores garantías de éxito a súa consolidación e crecemento.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.E4/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG nº 48, do 10 de marzo) pola que se modifican as bases reguladoras do programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (programa Innoempresa) en Galicia, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva as liñas de axuda previstas nestas bases, publicadas mediante Resolución do 9 de maio de 2007 (DOG nº 96, do 21 de maio).

Finalidade:

O obxectivo destas axudas é o apoio á innovación e a competitividade das pequenas e medianas empresas (pemes) mediante a realización de proxectos, tanto individuais coma colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E4/10/02.656450, 02.02.E4/10/02.656700 e 02.02.E4/10/02.656800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e están cofinanciadas con fondos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) a través da Administración central.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

ANEXO III

Norma reguladora:

Resolución do 9 de marzo de 2007 (DOG nº 59, do 23 de marzo) pola que se dá publicidade ás bases reguladoras dos incentivos a proxectos de investimento empresarial e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva determinadas liñas de axuda contidas nestas bases.

Finalidade:

Estas bases dirínxense a fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega, e establece os requisitos e condicións dos proxectos de investimento empresarial e gastos asociados ao investimento.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.E2/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas nunha porcentaxe do 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.08.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 11 de xaneiro de 2008 (DOG nº 12, do 17 de xaneiro) pola que se dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para titulares de explotacións galegas de gando porcino e cunicultura.

Finalidade:

Subvencionar os gastos financeiros e operativos soportados polos titulares das explotacións porcinas e cunículas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 14 de maio de 2008 (DOG nº 98, do 22 de maio), pola que se dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape destinadas á bonificación de xuros de préstamos formalizados por titulares de explotacións gandeiras galegas ao abeiro da Orde APA/165/2008, do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2008.

Finalidade:

Establecer as normas reguladoras para a concesión de axudas de minimis destinadas a bonificar xuros dos préstamos que subscriban durante o ano 2008 os titulares de explotacións gandeiras de Galicia, para paliar o encarecemento dos custos de produción, fundamentalmente das materias primas destinadas á alimentación, e a imposibilidade de repercutir o incremento destes custos no valor de venda dos produtos finais obtidos.

Aplicacións orzamentarias:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.E5/10/01.651700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG nº 31, do 13 de febreiro) pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases.

Finalidade:

Fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega e as actuacións que lles permitan ás pemes galegas a mellora da súa planificación empresarial e a reflexión para abordar con maiores garantías de éxito a súa consolidación e crecemento.

Aplicacións orzamentarias:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.E4/10/01.656700 e 02.02.E4/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e as axudas do procedemento IG104 están cofinanciadas nunha porcentaxe do 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.09.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 7 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril), pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2009, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre este instituto e as entidades financeiras.

Finalidade:

Establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pemes que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas do Plan de fomento empresarial 2009 do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D011P012.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 3 de xullo de 2009 (DOG nº 136, do 14 de xullo) pola que se procede á segunda convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica.

Finalidade:

Mellorar a competitividade empresarial mediante a actuación e coordinación do tecido asociativo a través de proxectos propostos por organismos intermedios en xeral e agrupacións empresariais innovadoras en particular.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.E4/10/02.651800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "17500D012P023.PDF"