DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 6 de setembro de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 24 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2010.

A Orde do 24 de marzo de 2010 (DOG do 5 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2010 sinala no seu artigo 23, relativo ao financiamento das axudas, as partidas orzamentarias e os importes destinados a financiar as axudas. Este artigo establece, así mesmo, a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 24 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2010.

Segundo.-O incremento da dotación será na epígrafe de fondos cofinanciados polo Feader, por un importe de 40.214,71 euros para o exercicio 2010 e de 1.553.428 euros para o exercicio 2011 con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.741A.770.0.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 24 de marzo de 2010.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural