DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2010 Páx. 15.781

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de abril de 2010, pola que se convocan para o ano 2010 as axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Por medio da Orde do 17 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 64, do 7 de abril), a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixou as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Ao abeiro desas bases, por medio de resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 20 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 82, do 3 de maio), convocáronse as ditas axudas para o ano 2010.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2010.

Miguel Rodríguez Bugarín

Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para o 2010 (aplicación orzamentaria: 2010.07.05.512A.481.1)

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios, ao abeiro do establecido nos artigos 2.2º e 3.2º da resolución de convocatoria.

Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte: 46.392,36 €.

Asociación de Empresarios de Transporte Colectivo Urbano de Viajeros de Galicia: 10.905,79 €.

Federación de Autónomos del Taxi: 36.789,50 €.

Federación Gallega de Transporte de Viajeros: 39.760 €.

Asociación Empresarial de Alquiler de Vehículos con y sin Conductor de Galicia: 3.589,68 €.

Federación Gallega de Servicios de Transportes en Autobús: 15.281,79 €.

Federación Empresarial de Transportes de Mercancías por Carretera de Galicia: 54.358,04 €.

Federación Gallega de Asociaciones de Transporte de Viajeros en Autocar: 46.016,30 €.

Federación Galega de Transporte de Mercadorías: 130.937,91 €.

Asociación Provincial de Empresarios de Transporte de Mercancías de Pontevedra: 59.660 €.

Total: 443.691,37 €.